FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
Grazas á subvención outorgada,podemos levar a o programa ``Intervención a través do lecer´´, que ten como obxectivo mellorar o benestar e a integración social da nosa comunidade mediante actividades de lecer inclusivo. Esta axuda permítenos non só desenvolver as actividades planificadas, senón tamén contar coa contratación de persoal especializado, clave para levar adiante o programa de forma efectiva e profesional.