O noso traballo en Camiña vai dirixido principalmente a prestar os apoios necesarios cara as persoas con discapacidade intelectual, basándonos en principios fundamentais que guían a nosa labor como profesionais. 

Mediante o lecer impartimos diferentes talleres coa finalidade de ensinar e mellorar as aptitudes e as habilidades instrumentais do colectivo para poder favorecer a súa autonomía persoal na súa vida diaria. 

A intervención a través do ocio ten como razón principal velar pola inclusión social das persos con diversidade funcional,favorecendo así, a utilización do tempo libre como medio para conseguilo.