¿A QUEN VAI DIRIXIDO?

“Divírtete en Camiña, 2024” está dirixido a nenos e nenas entre 3 e 10 anos. Terán prioridade aqueles nenos e nenas con diversidade funcional, aínda que as actividades está aberto para toda a infancia. Queremos ser pioneiros en fomentar ocio inclusivo na comarca de A Mariña.

INSCRIPCIÓN:

O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de Xuño de 2024. Deberán de poñerse en contacto no teléfono da Asociación para a reserva de praza (982 58 04 23),a través das nosas redes sociais ou ben pasarse pola Asociación para máis información.

As prazas son limitadas, polo que se establecerán criterios de selección.

PREZOS:

Terá un prezo de 35 € por semana o mes competo (5 semanas) a 150€. Aqueles nenos e nenas que sexan irmáns/irmás, terán un desconto na segunda inscrición.  

ACTIVIDADES:

As actividades levaranse a cabo durante os meses de Xullo,Agosto e a primeira semana de Setembro. Estarán dividas por semanas temáticas. En cada semana, desenvolveranse actividades relacionadas coa temática seleccionada. Entre elas, destacarán: ximkanas, manualidades, xogos cooperativos, receitas de cociña, deporte adaptado, actividades creativas... Ademais de todo isto, adquiriranse coñecementos sobre a temática semanal.