¿Quen somos?

Camiña,  é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en 1990 pensando nun grupo de persoas con discapacidade intelecutal de todas as idades de A Mariña Lucense. 

Esta asociación céntrase na atención á diversidade, contando cun centro de ocio para as persoas con diversidade funcional, ademais de funcionar como respiro familiar para as familias. 

MISIÓN

Camiña, ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, a das súas familias e a do seu entorno, proporcionando recursos de ocio que favorezan o seu desenvolvemento persoal e a súa inclusión social. 

VISIÓN

Seguir sendo unha asociación de referencia nas que todas as actividades e servizos que se levan a cabo estean centrados no ocio das persoas con discapacidade intelectual. Promovendo coa implicación de todos os seus membros e colaboradores, a mellora continua da asociación, contribuíndo ao crecemento das persoas e da propia organización. 

Favorecendo o acceso do colectivo ao ocio normalizado e proporcionando un ocio adaptado ás diversas capacidades no propio centro. Fomentando a inclusión e a participación na comunidade. Atendendo na medida do posible ás necesidades sentidas e intereses individuais. 

VALORES





CAMIÑA, 

Asociación Comarcal da Mariña Lucense 

Rúa Rafel Dieste nº 9 Baixo 

27880 Burela (Lugo)

Teléfono: 982580423

E-mail: asociacioncamina@gmail.com


InstagramFacebookLink