¿A QUEN VAI DIRIXIDO?

“Divírtete en Camiña” está dirixido a nenos e nenas entre 3 e 12 anos. Terán prioridade aqueles nenos e nenas con diversidade funcional, aínda que as actividades está aberto para toda a infancia. Queremos ser pioneiros en fomentar ocio inclusivo na comarca de A Mariña.

INSCRIPCIÓN:

O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de Xuño de 2023. Deberán de poñerse en contacto no teléfono da Asociación para a reserva de praza (982 58 04 23), ou ben pasarse pola Asociación para máis información.

As prazas son limitadas, polo que estableceranse criterios de selección.

PREZOS:

Terá un prezo de 30 € por semana. Aqueles nenos e nenas que sexan irmáns/irmás, terán un desconto na segunda inscrición.  

ACTIVIDADES:

As actividades levaranse a cabo durante os meses de Xullo e Agosto. Estarán dividas por semanas temáticas. En cada semana, desenvolveranse actividades relacionadas coa temática seleccionada. Entre elas, destacarán: ximkanas, manualidades, xogos cooperativos, receitas de cociña, deporte adaptado, actividades creativas... Ademais de todo isto, adquiriranse coñecementos sobre a temática semanal.